Deteñen un home en Lugo por chantaxear o seu caseiro
Publicado o 21/05/2020 14:23
Detido en Lugo un home por chantaxear o seu caseiro. Pedíalle 5.000 euros por deixar o piso de alugueiro... que levaba meses sen pagar.
O arrendador chegou a pagarlle 1.000 euros para que marchase da vivenda, pero o inquilino non se deu por satisfeito e continuou intimidándoo.
Foi daquela cando o propietario puxo o caso en coñecemento da policía, que o detivo por un presunto delito de extorsión. O arrestado quedou despois en liberdade á espera de xuízo.