CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Chaves tras saltar o control fronteirizo

Publicado o 19/05/2020 14:20

A Garda Civil e a GNR detiveron un home na localidade portuguesa de Chaves despois de, presuntamente, saltar o control transfronteirizo establecido no municipio de Feces de Abaixo, en Verín.
Ocorreu á última hora da tarde de onte.

Segundo informaron as forzas de seguridade, o home, de 40 anos, veciño de Portugal, déralle un golpe a outro coche e fuxiu. Non parou no paso fronteirizo de Feces e aí empezou unha persecución. A Garda Civil localizouno en Verín, pero o condutor volveu pasar a fronteira cara a Portugal ata que puideron detelo xunto á GNR na localidade lusa de Chaves.

Noticias web

19/05/2020