CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Begonte por cultivo de marihuana

Publicado o 24/09/2019 14:39

A Garda Civil detivo en Begonte un home de 39 anos que tiña 255 plantas de marihuana. Os axentes víronas ao longo do terreo dunha leira, colgadas dun tellado e tamén cinco quilos de abrochos colgados dun tendal a secar.

O detido foi posto a disposición xudicial. Está acusado dun delito contra a saúde pública por cultivo e tráfico de drogas.

Noticias web

24/09/2019