Deteñen un grupo de mozos en Lugo acusados de roubar nunha tenda 24 horas
Publicado o 12/10/2021 14:38

Roubo de madrugada nun establecemento 24 horas de Lugo. As cámaras de seguridade do local, situado na rúa Montero Ríos, captaron tres individuos a cara descuberta que levaron cartos, cervexa e chocolate.
Minutos máis tarde foron localizados e identificados por unha patrulla da Policía Nacional á altura da rúa Monforte. Todos son maiores de idade e de nacionalidade española.
A policía investiga agora se poden estar relacionados con outros roubos cometidos na cidade das Murallas nestas últimas semanas.