CRTVG

Buscar

Deteñen un cliente dun bar que agrediu os propietarios cunha catana de 73 cm

Publicado o 08/04/2021 14:48

Os restos de sangue na rúa son o vestixio do sucedido no interior deste local de hostalería do barrio de Monte Alto da Coruña. O cliente pasara a tarde consumindo comida e bebida e cando lle pediron que pagara puxise a gresivo e empezou a destrozar o local. Despois marchou, segundo informa José Manuel Rico Rodríguez, inspector principal da Policía Local da Coruña.

Lonxe de quedar aí a disputa, aos poucos minutos volveu.

"Tras unha catana ou algo grande, había coitelos que saían de dentro. E xa foi cando lle fixeron a el duas brechas na cabeza. E el fíxolle á muller do propietario un corte na cella", di unha veciña.

Tras un forcexo, o propietario conseguiu expulsalo do local, momento en que chegaron os axente e tras comprobar o sucedido e proporcionarlle asistencia médica, procederon á súa detención.

Os veciños aseguran que se trata dun barrio tranquilo, pero que non é a primeira vez que hai problemas no local.

O agresor, un home de 49 anos, ao que se lle imputan un delito de danos e outro de lesións, xa pasou a disposición xudicial.

Noticias web

08/04/2021