CRTVG

Buscar

Deteñen un carballés, sen seguro nin permiso de conducir, tras atropelar un mozo que ía en ciclomotor e fuxir

Publicado o 02/11/2020 13:58

Detido un veciño de Carballo tras deixar ferido por atropelo un mozo que ía en ciclomotor. O home, de 45 anos de idade, fuxiu do lugar e foron testemuñas do accidente quen alertaron do sucedido, logo de perseguilo sen éxito.

Ao final, a Garda Civil localizouno e entregouno aos axentes da Policía Local, tras comprobar que o individuo circulaba cun coche que leva anos de baixa e, por tanto, sen seguro, e que tamén leva tempo sen permiso de conducir. Ademais, deu positivo nas probas de alcolemia e de drogas, por inxestión de cocaína. O accidente foi este sábado á noite na rúa do Perú, en Carballo.

Noticias web

02/11/2020