CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén na Rioxa un camioneiro borracho que se autodenunciara

Publicado o 09/09/2020 08:16

Na Rioxa, a Garda Civil denunciou un camioneiro por conducir borracho. O curioso é que foi el mesmo o que chamou os axentes e se autodenunciou. Cando lle fixeron a proba de alcoholemia, deu 0,84 miligramos de alcol por litro de aire expirado, moi por riba da cantidade permitida aos condutores profesionais, que é de 0,15. Ten 56 anos e conta xa con antecedentes por delitos contra a seguridade viaria. Díxolles aos gardas que quería forzar o seu despedimento da empresa para poder cobrar o paro e xubilarse.


 

Noticias web

09/09/2020