CRTVG

Buscar

Deteñen tres mozos sospeitosos de roubos en Zaragoza tras unha perigosa fuxida

Publicado o 01/11/2019 13:48

Rouban nun comercio de telefonía, a policía véos e inician unha perigosa fuxida. Ocorreu en Zaragoza. Este foi o momento no que os detiveron, son tres mozos, dous menores e outro maior de idade, que decidiron emprender unha carreira polo centro da cidade saltando semáforos e incluso incorporándose a unha autovía. Finalmente, detivéronos cando se meteron nunha estrada sen saída, nun polígono industrial. Unha vez os colleron, a policía averiguou que eran autores de varios roubos en tendas de telefonía móbil de varias cidades.
 

Noticias web

01/11/2019