CRTVG

Buscar

Deteñen tres mozos en Lugo tras ser sorprendidos traficando con drogas

Publicado o 03/09/2021 18:12
Deteñen tres mozos en Lugo tras ser sorprendidos traficando con drogas
EUROPA PRESS

Tres mozos de entre 19 e 22 anos de idade, sen antecedentes policiais, foron detidos tras ser sorprendidos cando traficaban con drogas.   

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron na noite do xoves, cando unha patrulla observou como tres rapaces que ocupaban un vehículo que estaba estacionado na vía pública trataban de esconderse.

Ante iso, os axentes procederon a identificar os ocupantes, momento en que estes puxeron o vehículo en marcha. Tras virar en dirección saída da cidade, lanzaron un paquete pola ventá do turismo.   

Nese momento, segundo o relato policial, os axentes procederon a deter o vehículo e a identificar os ocupantes. Ademais, outra patrulla dirixiuse ao lugar en que lanzaron o obxecto, onde acharon un envoltorio de plástico que contiña 290 gramos de haxix.

Así mesmo, realizaron unha procura no coche, en que atoparon unha báscula de precisión, diñeiro fraccionado, cento trinta euros, tres teléfonos móbiles, e unha bolsa contendo marihuana.   

Por todo iso, os axentes procederon á detención dos mozos, acusados dun delito de tráfico de drogas. Foron trasladados a dependencias policiais da rúa Chantada, onde ao longo do día se lles tomará declaración para posteriormente pasar a disposición xudicial, onde se remite todo o actuado.

 

Noticias web

03/09/2021