Deteñen por posible imprudencia grave o fillo dunha anciá que faleceu en Bilbao
Publicado o 15/01/2019 15:45
Está detido o fillo da muller de 82 anos que apareceu morta onte no seu piso de Bilbao. Aínda que segundo a investigación non hai indicios de violencia, considérano responsable dunha posible imprudencia grave. A razón é que non procurou que súa nai recibise o auxilio debido logo de sufrir unha suposta caída un día antes.