CRTVG

Buscar

Deteñen por agresión sexual un mozo en Monforte

Publicado o 08/06/2020 10:47

En Monforte foi detido un mozo por, presuntamente, agredir sexualmente unha curmá. Os feitos ocorreron tras unha festa familiar no domicilio da vítima. Ao parecer, o mozo estaba ebrio e quedou a durmir, compartía cama coa vítima e outra familiar. Á media hora de deitarse, a moza espertou porque o mozo estaba a agredila sexualmente. O detido está á espera de declarar ante o xuíz.

Noticias web

08/06/2020