CRTVG

Buscar

Deteñen o mozo de Nerea Añel, a rapaza ourensá asasinada en setembro

Publicado o 14/06/2021 21:14
Deteñen o mozo de Nerea Añel, a rapaza ourensá asasinada en setembro

Hai novidades en relación co crime de Nerea Añel, a moza de Ourense cuxo cadáver foi atopado en Barbadás en setembro do pasado ano. A Policía Nacional confirma a detención dun home relacionado co suceso. O detido é a última parella conocida da moza, un home duns 30 anos que actualmente estaba en prisión por outras causas e que no momento da desaparición xa estivera no punto de mira dos investigadores. O caso encóntrase baixo segredo de sumario no xulgado de Instrucción número 3 de Ourense.

O cadáver foi localizado en avanzado estado de descomposición por uns sendeiristas que camiñaban polas proximidades dunha aldea abandonada, nos Muíños. A autopsia e o estudo dos restos por parte do Laboratorio de Criminalística da Dirección Xeral da Garda Civil en Madrid confirmou posteriormente que era da moza Nerea Añel, de 27 anos, desaparecida desde o mes de xaneiro de 2020.

A súa familia víraa por última vez o día de Reis e o pasado mes de febreiro levou a cabo un rastrexo con cans da Policía Nacional nas inmediacións dun motel en Barbadás, onde fora vista a moza. O corpo atopábase a uns 400 metros dese emprazamento. A análise do corpo descartou as causas naturais e confirmou a morte violenta, e a investigación centrouse en aclarar as circunstancias do ocorrido para tentar determinar se houbo algún tipo de criminalidade.

 

Noticias web

14/06/2021