Deteñen o estudante que intentou agredir unha profesora e mallou nun alumno
Publicado o 18/10/2019 14:30
O estudante que intentou agredir unha profesora e mallou nun alumno por defendela acabou detido pola Policía Nacional por un presunto delito de odio.
Ao parecer, dirixiuse a unha das alumnas con insultos racistas sobre a súa orixe. A profesora e os demais alumnos intentaron mediar e foi aí cando comezou a discusión. O alumno, de 41 anos, respondeu cunha actitude moi violenta, de feito tivo que ser a policía a que o obrigou a abandonar o centro. O estudante quedou en liberdade en dependencias policiais. Cónstalle unha detención anterior.