Deteñen o asaltante dunha cafetería en Lugo
Publicado o 10/01/2020 14:28
En Lugo, axentes de Policía Nacional detiveron un home que dúas horas antes, presuntamente, asaltara un bar da Ronda de Fontiñas.
O individuo, un ourensán de 33 anos con numerosos antecedentes policiais, collérono na rúa de madrugada. Levaba enriba gran cantidade de moedas e billetes pequenos, boletos de lotería e outros obxectos.
O dono da cervexería confirmou o roubo con forza no seu establecemento e tamén que o diñeiro, uns mil euros, e outros obxectos estaban dentro da caixa rexistradora que levara o ladrón.
A caixa apareceu moi preto, debaixo dun coche. No informe do feito, a policía valora a colaboración cidadá para a rápida detención do ladrón.