CRTVG

Buscar

Deteñen nunha peaxe da AP-9 o considerado como maior capo da heroína de Europa

Publicado o 13/06/2019 16:36

Operación contra o narcotráfico en varias provincias españolas, dirixida desde un xulgado de Ourense. Polo momento hai oito detidos e entre eles Sadullah Unnu, alias Nicol, considerado o maior capo europeo da heroína, arrestado na peaxe de Barro, na AP-9 cando se dirixía ao Salnés.

No momento en que os axentes da Udyco o interceptaron levaba no seu vehículo 7 quilos desta droga que pretendía entregar a un dos seus socios en Galicia, Francisco Javier, coñecido como Javillo. A policía, que lle estaba realizando un seguimento ao narcotraficante arousán, conseguiu deter a ambos e comisar tamén 66 quilos de speed no seu domicilio.

Tanto eles como os outros seis detidos ingresaron xa en prisión comunicada e sen fianza.

 

 

 

Noticias web

13/06/2019