CRTVG

Buscar

Deteñen nunha operación antiterrorista o presidente da Comisión Islámica de España

Publicado o 24/03/2021 21:16
Deteñen nunha operación antiterrorista o presidente da Comisión Islámica de España

O presidente da Comisión Islámica de España (CIE), Ayman Adlbi, que foi detido este martes pola Policía Nacional no marco dunha operación contra unha rede de financiamento do terrorismo, rexeitou as sospeitas "infundadas" que levaron á súa detención, asegura que confía na Xustiza e defende o seu labor como representante dos musulmáns en España.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Comisión Islámica de España, os axentes tomaron declaración a Adlbi e tamén rexistraron o seu despacho e o seu domicilio. O representante da comunidade musulmá quedou en liberdade sen pasar a disposición xudicial.

O presidente da Comisión Islámica de España manifesta o seu "rexeitamento ao contido das sospeitas acusatorias" as cales, segundo precisa son "afastadas e alleas ao sentir e traballo relixioso islámico". Tamén expresa o seu "gran desgusto" porque "se produciron estes feitos ata o extremo da detención" pois considera que "se podería resolver cunha entrevista na sede desta presidencia ou na comisaría".

 

 

Noticias web

24/03/2021