CRTVG

Buscar

Deteñen nunha gasolineira madrileña o irmán do 'Piojo', un perigoso delincuente que fuxiu do cárcere en decembro

Publicado o 07/05/2021 08:09
Deteñen nunha gasolineira madrileña o irmán do 'Piojo', un perigoso delincuente que fuxiu do cárcere en decembro

A Garda Civil detivo nunha gasolineira de Xetafe, en Madrid, a Miguel Angel Moñiz, un perigoso delincuente que fuxira da prisión de Valdemoro en decembro xunto ao seu irmán, Jonathan, coñecido como o Piojo.

O arrestado lograra eludir a operación en que fora capturado o seu irmán o pasado 15 de febreiro e desde aquela estaba sendo buscado. Os dous acumulan numerosos antecedentes por roubos en establecementos comerciais de luxo mediante o método do furado na parede ou espetando coches nos expositores das tendas.