CRTVG

Buscar

Deteñen en Vigo un home de 75 anos por baterlle á muller na casa

Publicado o 12/10/2021 14:36
Deteñen en Vigo un home de 75 anos por baterlle á muller na casa

En Vigo rexistrouse a quinta detención por violencia machista no que levamos de ponte. A Policía Local prendeu un veciño do barrio de Teis que presuntamente lle deu unha patada á muller no seu domicilio. Ocorreu a primeira hora da tarde.

O detido ten 75 anos e nun primeiro momento escapou da casa pero foi localizado na rúa polos axentes poucos minutos máis tarde. Pouco antes a Policía Local viguesa tamén detivera na mesma zona outro varón de 45 anos por lle tocar o traseiro a unha muller que atendía o seu bebé agachada sobre o carro do pequeno.

Noticias web

12/10/2021