Deteñen en Sardeña a Carles Puigdemont
• Poderá pedir medidas cautelares ao Tribunal de Xustiza da UE para recuperar a súa inmunidade como eurodeputado e parar a súa extradición a España
• A súa oficina di que o venres pasará a disposición xudicial para decidir se o extraditan
AXENCIAS
As autoridades italianas detiveron esta noite en Sardeña a Carles Puigdemont.
A detención produciuse tras a orde de busca e captura internacional emitida polo xuíz do Tribunal Supremo, instrutor da causa do procés. O expresidente de Cataluña poderá solicitar de novo medidas cautelares ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea para tratar de recuperar a súa inmunidade como eurodeputado e parar a súa extradición a España.
Puigdemont recorreu o pasado maio á xustiza europea contra a decisión do Parlamento europeo de suspender a súa protección parlamentaria para que puidese ser xulgado en España e o tribunal europeo está aínda examinando o recurso, malia que en xullo lle negou as medidas cautelares que solicitou para recuperar a inmunidade parlamentaria mentres se resolvía o caso.
O Tribunal con sede en Luxemburgo, con todo, avisou no auto co que negou as cautelares que tal decisión se limitaba ás medidas temporais e que Puigdemont podería interpoñer unha nova demanda se o prexuízo alegado —a súa detención durante unha viaxe como eurodeputado— resultase suficientemente probable.
O tribunal mencionou en concreto o caso de que fose detido ou se levase a cabo algunha actuación dirixida a entregalo ás autoridades españolas.
A oficina de Carles Puigdemont asegurou que o venres pasará á disposición dos xuíces da Corte de Apelación de Sasser (Sardeña), que é competente para decidir sobre a súa posta en liberdade ou a súa posible extradición.
Así o explicaron nun comunicado, onde especifican que Puigdemont se desprazou este xoves á tarde ata L'Alguer, procedente de Bruxelas (Bélxica), para asistir ao Aplec internacional de l'Adifolk e para reunirse co presidente da rexión autónoma de Sardeña e co síndic do Alguer.
Segundo confirmou o delegado da Generalitat en Italia, Puigdemont foi arrestado por axentes de paisano ao chegar en avión a L'Alguer procedente de Bruxelas.
Así mesmo, fontes do Tribunal Supremo consultadas por EFE, sinalaron que, á marxe da euroorde, existía activa unha orde internacional de busca e captura contra o expresidente da Generalitat de Cataluña polos feitos do 1 de outubro.
O avogado de Puigdemont, Gonzalo Boye, explicou nas redes sociais que Puigdemont foi detido á súa chegada a Sardeña, a onde acudía como eurodeputado, e que esta detención "é en función da euroorde do 14 de outubro de 2019, que, por imperativo legal e segundo establece o Estatuto do TXUE, está suspendida".
El President Puigdemont ha sido detenido a su llegada a Cerdeña donde acudía como eurodiputado; esta detención es en función de la euroorden de 14 de octubre de 2019 que, por imperativo legal -según establece el Estatuto del TJUE, se encuentra suspendida.
— Gonzalo Boye (@boye_g) September 23, 2021
Reaccións
O actual presidente da Generalitat, Pere Aragonès, escribiu unha mensaxe de ánimo na súa conta de twitter na que expresaba a súa "máis enérxica condena".
Segundo afirmou Aragonès: "A amnistía é o único camiño. A autodeterminación, a única solución". Ademais, tamén asegurou que está ao seu carón.
Davant de la persecució i repressió judicial, la més enèrgica condemna. S’ha d’aturar.
— Pere Aragonès i Garcia (@perearagones) September 23, 2021
L’amnistia és l’únic camí. L’autodeterminació, l’única solució.
Al teu costat, president @krls.
O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, afirmou tras a detención do expresidente da Generalitat que debe ser xulgado en España "polo seu golpe á legalidade constitucional".
Así o escribiu o líder dos populares nunha mensaxe a través do seu perfil de Twitter en que aproveitou para pedir ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez: "Debe comprometerse a respectar a sentenza da xustiza sen indultos a cambio de permanecer no poder".
Puigdemont debe ser juzgado en España por su golpe a la legalidad constitucional, y Sánchez debe comprometerse a respetar la sentencia de la Justicia sin indultos a cambio de permanecer en el poder.
— Pablo Casado Blanco (@pablocasado_) September 23, 2021
O presidente do grupo parlamentario de Unidas Podemos no Congreso Jaume Asens considera "ilegal" a detención na illa italiana de Sardeña do expresidente da Generalitat.
Nunha mensaxe en redes sociais, Asens asegura que o arresto de Puigdemont é "incomprensible" porque, ao seu xuízo, susténtase nunha orde de detención xudicial suspendida polo Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea. "A min paréceme que iso é unha detención ilegal", resolveu.
La detención de Carles Puigdemont es incomprensible. Se basa en una orden de detención judicial suspendida por el TJUE. A mi me parece que eso es una detención ilegal.
— Jaume Asens (@Jaumeasens) September 23, 2021
Pola súa parte, Inés Arrimadas asegurou que é "unha boa nova para todos os demócratas" e que "ninguén debe ter impunidade nin estar por encima da lei".
A la espera de conocer los detalles, la detención de Carles Puigdemont es una buena noticia para todos los demócratas. Espero que pueda ser trasladado a España y responder por sus acciones. Nadie debe tener impunidad ni estar por encima de la ley. https://t.co/RoxGx5KMCM
— Inés Arrimadas (@InesArrimadas) September 23, 2021