CRTVG

Buscar

Deteñen en San Sebastián o home acusado de matar a cuñada en Navarra

Publicado o 08/07/2021 20:51
Deteñen en San Sebastián o home acusado de matar a cuñada en Navarra

A Ertzaintza arrestou esta tarde en Donosti o home acusado de asasinar a súa cuñada en Navarra. O arresto produciuse despois dunha longa persecución. O home ten unha longa lista de antecedentes. O crime, lembramos, cometeuse o mércores en presenza dos fillos da muller. . O suposto asasino seguiu a cuñada co coche e embestiuna. Ao saír de cadanseu vehículo, acoitelouna.

Noticias web

08/07/2021