Deteñen en Pontevedra un condutor que levaba unha arma ilegal no coche
Publicado o 17/08/2020 14:52
A Garda Civil detivo en Pontevedra un veciño de Lugo que viaxaba cunha arma de fogo ilegal no interior do seu vehículo. Foi detectado sobre as 11 e media da noite á altura da parroquia de Bora, cando conducía o coche sen iluminación posterior.
Por este motivo, os axentes seguírono e interceptárono en Viascón. Ante o nerviosismo que amosaba, decidiron rexistrar o coche. No asento do copiloto localizaron unha mochila en que levaba a pistola, que tiña cinco cartuchos no cargador. O home foi detido por tenza ilícita de armas.