CRTVG

Buscar

Deteñen en Lugo dous menores por roubos en máquinas expendedoras

Publicado o 03/01/2020 12:31

Dous menores foron detidos en Lugo como os presuntos autores dos roubos e estragos en máquinas expendedoras da cidade. Os detidos son unha rapaza de 16 anos e un rapaz de 17 anos. Foi un veciño o que alertou a policía tras ver como desvalixaban unha das máquinas. Estan acusados dun delito de roubo con forza. De momento descoñécese a contía do roubo, xa que o propietario das máquinas non fixo o cálculo. O caso xa foi trasladado á Fiscalía de Menores.
 

Noticias web

03/01/2020