CRTVG

Buscar

Deteñen dous veciños de Lugo por tráfico de drogas

Publicado o 22/05/2020 14:58

Dous veciños de Lugo foron arrestados na peaxe da autoestrada AP-9 en Vilaboa, por tráfico de drogas. A actitude sospeitosa destes individuos levou á Garda Civil a realizar unha inspección minuciosa do coche en que circulaban cara a Pontevedra. No interior, os axentes atoparon unha mochila con haxix e unha pequena cantidade de cocaína.

Noticias web

22/05/2020