CRTVG

Buscar

Dimite o alcalde de Badalona tras ser detido por atentado á autoridade

Publicado o 22/04/2020 10:05

O alcade de Badalona, o socialista Álex Pastor, dimite despois de que onte á noite fora detido polos Mossos d'Escuadra  por atentado á autoridade tras ser interceptado nun control policial en Barcelona para garantir o cumprimento do confinamento polo coronavirus e conducindo con evidentes síntomas de estar ébrio.

A dimisión de Álex Pastor anunciouna o cuarto tenente de alcalde, Rubén Guijarro, nunha rolda de prensa convocada de urxencia, na que explicou que Pastor  fixo pública a súa decisición a través dunha carta enviada ao seu avogado e que o ex-rexedr de Badalona aínda continúa detido na comisaria de Les Corts de Barcelona.

Segundo algunhas testemuchas , no momento da detención, o rexedor encarouse cos axentes e insistiu en lembrarlles que era o alcalde de Badalona. Negouse a someterse á proba de alcoholemia, a pesar de que presentaba signos evidentes de atoparse baixo os síntomas do alcohol, segundo as fontes.

O PSC aparta a Pastor e pídelle que deixe a alcaldía

O PSC suspendeu de militancia a Àlex Pastor e pediulle que deixara os seus cargos públicos logo de que fose detido. "Con independencia da valoración positiva que nos merece a súa xestión á fronte do Concello de Badalona, consideramos que os feitos acontecidos hoxe son incompatibles coa militancia socialista e o exercicio de calquera cargo público", anunciou o PSC pouco despois de que se coñecese a noticia.

A oposición pide un novo goberno en Badalona

Os grupos da oposición no Concello de Badalona esixiron un novo goberno municipal tras coñecerse a detención esta noite do alcalde socialista.

O aluvión de críticas nas redes sociais non se fixo esperar e, nunha mensaxe en Twitter, a exalcaldesa e concelleira de Guanyem Badalona en Comú, Dolors Sabater, ofreceuse para "liderar un novo goberno".

Volveu lanzar así a súa proposta dun executivo de "concentración" coas principais forzas políticas a excepción do PP para que a cidade conte cun "novo liderado".

Desde as filas populares, Xavier García Albiol, cuxa lista foi a máis votada nas últimas eleccións municipais, tamén se fixo eco da noticia e anunciou que a partir deste mércores comezará "conversas" para presentar unha moción de censura contra Pastor.