Deteñen 47 persoas por traficar con persoas entre Xibraltar e España
Publicado o 12/01/2020 13:10
47 detidos nunha macrooperación contra unha rede que traficaba con persoas entre Xibraltar, España e varios países europeos. Cobraban a cada inmigrante, que traían dende Marrocos, entre sete mil e oito mil euros polo visado, ao que sumaban o aloxamento e o traslado a outra provincia ou país europeo. Estímase que puideron obter un beneficio económico dun millón de euros. A investigación comezou en novembro de 2018 e afecta a 18 provincias españolas e cinco países europeos. Participaron 200 policías, xunto á policía xibraltareña e a Europol.