Deteñen 28 persoas nunha operación antidroga en Galicia e Andalucía
Publicado o 17/05/2021 14:42
Desartellada unha organización criminal dedicada ao tráfico de haxix. Hai 28 persoas detidas en Galicia, Málaga e Almería por varios delitos relacionados co narcotráfico.
Trátase dunha operación conxunta da Garda Civil e da Policía Nacional. Empezaron a investigar hai ano e medio as actividades presuntamente ilícitas ás que se dedicaba un histórico narcotraficante galego da zona de Pontevedra.
Os axentes interviñeron máis de 300 quillos de haxix ocultos nun camión e outros 300 agochados nun iate. Interviñeron tamén máis de 42.000 euros en efectivo, tres coches e unha embarcación.