CRTVG

Buscar

Deteñen 12 persoas no Estreito que integraban unha banda dedicada ao tráfico de haxíx

Publicado o 29/01/2019 08:59

Novo golpe ao narcotráfico no Estreito. A Policía detivo en La Línea de la Concepción 12 persoas, 10 homes e dúas mulleres que integraban unha banda dedicada ao tráfico de haxix. 8 deles xa ingresaron en prisión. Segundo os investigadores, nos últimos meses introduciron 6 toneladas desta droga, o que lles suporía uns beneficios de 5 millóns de euros. A novidade que destapou esta operación son os métodos sofisticados que están empregando os narcotraficantes para evitaren os controis policiais: neste caso incautáronlles un dron de tecnoloxía punta, que empregarían para vixiar os movementos da policía durante a descargas.





 

Noticias web

29/01/2019