Detectan un gromo de coronavirus nunha granxa de visóns en Carral
Publicado o 09/06/2021 21:27

Un gromo positivo de SARS-Cov-2 foi detectado nunha granxa de visóns americanos situada no concello coruñés de Carral, segundo informa a consellería de Medio Rural. A detección do gromo, o terceiro que se produce nunha explotación deste tipo en Galicia, produciuse no marco dos controis que se realizan dentro do programa de prevención, vixilancia e control do SARS-Cov2 en todas as granxas de visóns americanos.
A granxa permanece inmobilizada e sometida a vixilancia polos servizos veterinarios de Medio Rural.