CRTVG

Buscar

Detectan un gromo con cinco positivos na fragata Álvaro de Bazán, con base en Ferrol

Publicado o 17/04/2021 20:14

Este sábado tamén coñecemos novos datos dun gromo detectado na fragata Alvaro de Bazán, con base en Ferrol. Eses cinco militares deron positivo nas probas PCR que realizaron antes de que a fragata partise cara a uns exercicios nas Canarias.

Fontes do Ministerio de Defensa aseguran que a dotación está vacinada e que se realizou o período de corentena que se recolle no protocolo da covid. Os positivos e os seus contactos estreitos quedaron confinados en terra, mentres os seus compañeiros partiron cara ás Canarias.

Noticias web

17/04/2021