Detectan un aumento de reinfeccións na área de Vigo por mor das mutacións da covid-19
Publicado o 02/08/2021 15:28
A situación nos hospitais da área é estable, cun paciente máis en planta e con tres persoas nas unidades de coidados intensivos. O que si mudou é o perfil dos pacientes e cada vez son máis frecuentes os casos de persoas vacinadas e os que volven sufrir a infección.
A incidencia a 14 días segue por riba dos 800 casos, pero hai indicadores que apuntan a unha melloría.
Nesta xornada descenden por primeira vez nesta quinta onda os pacientes con infección activa en total son 4.577. A baixada máis forte prodúcese nos contaxios novos que pasan do máis de 400 de onte a 142.
Na cidade de Vigo a incidencia sitúase en 851 casos por cada cen mil habitantes, unha cifra que superan os concellos de Baiona, con máis de mil casos, e Gondomar, con 931.