CRTVG

Buscar

Detectan polos xogos do patio que os nenos acceden a unha serie non apta para menores de 16 anos

Publicado o 18/10/2021 15:33

Hai xogos tradicionais que sempre estiveron presentes na hora do recreo. Pero ultimamente os encargados de supervisar o que pasa no patio están notando certos cambios...

Foron os propios alumnos os que lles explicaron aos mestres que esta nova modalidade do xogo tiña que ver coa reinterpretación que fai unha serie que se está emitindo actualmente. A serie non é apta para menores de 16 anos, pero cada vez son máis os centros de infantil e primaria que están alertando os pais de que este contido inaxeitado está chegando aos pequenos.

Por iso os especialistas coinciden en que é especialmente necesario controlar o acceso e supervisar e acompañar a interpretación que os menores fan deses contidos. Propoñen, ademais, contrarrestar os seus efectos cunha boa formación en valores, algo que no colexio de Bentín van facer nesta ocasión cambiando as tintas. Idearon unha alternativa que asocia as figuras simbólicas do xogo da serie coas cualidades positivas de cada alumno.

Noticias web

18/10/2021