CRTVG

Buscar

Detectan nun edificio de Monforte un gromo con 8 casos positivos

Publicado o 18/08/2020 19:35
Detectan nun edificio de Monforte un gromo con 8 casos positivos

O Concello de Monforte de Lemos, informou da existencia dun gromo con oito casos positivos por covid-19 nun edificio da cidade. Nun comunicado remitido aos medios, o consistorio explica que desde a área sanitaria de Lugo trasladóuselles aos responsables municipais a existencia de oito casos positivos no número 41 de rúa Duquesa de Alba.

Sinala que persoal sanitario do Sergas está a facer as correspondentes probas PCR no edificio, co fin de confirmar outros posibles casos. O Concello deu conta de que puxo a disposición do persoal sanitario aos efectivos da Policía Local que, xunto con outros membros doutros corpos e forzas de seguridade do estado, colaboran na realización de dicha PCR.

O Consistorio sinalou que ten o compromiso por parte das autoridades sanitarias correspondentes de que seguirá sendo informado sobre a evolución das probas levadas a cabo en relación a este gromo.