CRTVG

Buscar

Detectan un gromo familiar en Cortegada e outro en Viana do Bolo

Publicado o 25/08/2020 18:39

• O gromo de Vilamarín ten xa 18 casos activos

Detectan un gromo familiar en Cortegada e outro en Viana do Bolo

Cortegada

Ata o momento, son tres o número de afectados dun gromo localizado onte no Concello de Cortegada despois do diagnóstico dun gromo importado da covid-19: son un home de 37 anos, unha muller de 78 anos de idade e unha nena, todos pertencentes a un mismo núcleo familiar e residentes nese concello ourensán.

Desde o primeiro momento, o centro de detección de contactos activou o protocolo para o seguimento e estudo dos seus contactos máis estreitos para a identificación e posterior realización das probas diagnósticas correspondentes.

Neste momento, os tres pacientes están en situación de illamento domiciliario controlados e monitorizados telematicamente en todo momento e a seguimento polo persoal sanitario do seu centro de saúde.

Viana do Bolo

Na mañá de hoxe detectouse un novo gromo importado localizado no concello de Viana do Bolo, despois do diagnóstico de cinco casos, todos pertencentes a unha mesma unidade familiar vencellada a este concello ourensán.

Neste intre está activado o protocolo para o estudo, identificación e localización dos seus contactos máis estreitos co obxectivo de realizar as probas diagnósticas que sexan pertinentes.

Os cinco pacientes, dúas mulleres de 75 e 51 anos e tres homes de 54, 54 e 50 anos de idade, están en situación de illamento nos seus domicilios, monitorizados telemáticamente en todo momento e a seguimento polo persoal sanitario do seu centro de saúde.

Vilamarín

Nestes últimos días sumáronse sete novos casos ao gromo iniciado o pasado mércores 19 de agosto no concello de Vilamarín. Despois do rastrexo e dos estudos correspondentes realizados polo centro de detección de contactos de Sanidade, foron identificados varios contactos estreitos aos que se lles fixo as correspondentes probas diagnósticas PCR.

Neste momento son 18 os pacientes deste gromo distribuídos en varios concellos que se atopan en situación de illamento domiciliario controlados e monitorizados telematicamente e a seguimento constante da súa evolución clínica polo persoal sanitario dos seus respectivos centros de saúde.

 

Noticias web

25/08/2020