CRTVG

Buscar

Detectan dez positivos na residencia DomusVi de Oleiros, nove deles residentes

Publicado o 02/11/2020 16:21
Detectan dez positivos na residencia DomusVi de Oleiros, nove deles residentes

Nas últimas horas detectouse un gromo na DomusVi Coruña de Oleiros que suma unha decena de afectados. Deles, nove son usuarios afectados e un traballador.

En xeral, a situación nas residencias de maiores segue empeorando co avance da pandemia. Os casos entre os usuarios redúcense a 415 nestes centros en Galicia, cinco menos ca este domingo.

O balance de casos facilitado pola Consellería de Política Social cifra en 14 os novos positivos confirmados entre os residentes en centros de maiores da comunidade.