Detectan catro positivos por covid no colexio Eusebio da Guarda, na Coruña
Publicado o 06/10/2021 16:19

As autoridades sanitarias confirmaron a existencia dun gromo no colexio de educación infantil e primaria Eusebio da Guarda, da Coruña.
Segundo o Sergas, son ata o momento catro os casos positivos detectados nas instalacións do centro, polo que considera que a situación está controlada despois de aplicar os protocolos de actuación establecidos.