CRTVG

Buscar

Lobios supera os mil casos por cen mil habitantes con catro novos positivos no cribado

Publicado o 16/05/2021 11:42

Catro persoas deron positivo por covid no cribado masivo realizado no concello ourensán de Lobios.

Participaron o 62 por cento dos convocados, segundo os datos facilitados polo Sergas. Con este resultado, elévase xa a 20 o total de casos activos neste concello de 1.700 habitantes, o que sitúa a incidencia acumulada en máis dun milleiro de casos por cada cen mil habitantes.

Os veciños calculan que esta semana pasarán ao nivel máximo de restricións á vista de como evoluciona a situación.

Noticias web

16/05/2021