CRTVG

Buscar

Detectan burundanga na vítima dunha agresión sexual en Lugo

Publicado o 29/04/2020 10:55

Detectan por primeira vez o uso de burundanga nunha agresión sexual en Lugo. As análises médicas revelaron a presenza desta droga, que reduce a vontade das vítimas, no organismo dunha moza de 16 anos que denunciou unha agresión sexual na rua durante a noite de fin de ano.

O seu presunto agresor era detido a mesma noite, pero as primeiras investigacións apuntan a que o sospeitoso non lle subministrou a droga, pero si se aproveitou da situación para cometer o delito.

Noticias web

29/04/2020