CRTVG

Buscar

Detectan a formación de túneles polos que lava moi fluída discorre cara ao mar

Publicado o 05/10/2021 14:34

O volcán non dá tregua. Continúa a emisión de lava fluída, que se intensificou tras a derruba de parte do cono principal. O magma discorre cara ao mar por unha gran coada, que en partes xa se achega ao quilómetro e medio de amplitude. Pero tamén por dous túneles que se formaron baixo a superficie.

Os expertos monitorizan constantemente a súa actividade. Non temen, pero non descartan, a apertura inminente de novas bocas. Houbo un aumento da actividade sísmica no sur da illa. 125 tremores este luns, dos que unha ducia foron sentidos pola poboación.

Á illa chegaron xa as desalinizadoras portátiles coas que os agricultores agardan poder salvar as plantas de plataneiros. As localidades evacuadas cando comezou a erupción ofrecen esta imaxe: sepultadas baixo un manto de cinsa. Reina o silencio, a non ser polo bramido do volcán. Estímase que o Cumbre Vieja leva emitidas unhas 250.000 toneladas de dióxido de xofre e 35 millóns de metros cúbicos de lava.

 

Noticias web

05/10/2021