CRTVG

Buscar

Detectan 70 asintomáticos no cribado de Boiro, o concello que máis preocupa na área de Santiago

Publicado o 09/12/2020 17:08

Foi o concello da Barbanza que máis resistiu na segunda onda, pero nos últimos días os datos de Boiro entran con forza nas estatística da covid coma os que máis preocupan da área sanitaria de Santiago. No concello atribúen a consistencia do gromo ao carácter industrial e comercial da vila, á que agora xa non poden vir de compras os de Rianxo, Noia ou Lousame, porque o impide o peche perimetral.

Os veciños teñen depostitadas as súas esperanzas na eficacia dos cribados, que detectaron xa decenas de asintomáticos, e nos que a poboación de Boiro participou masivamente.

Sobre se será posible abrir para o Nadal, hai diversidade de opinións.

O caso de Boiro contrasta coa evolución favorable da área de Santiago, que ten hoxe a metade de casos ca no pico do 22 de outubro e reduciu 10 puntos a taxa de positividade das PCR.

Noticias web

09/12/2020