Detectan 25 casos positivos de covid no cribado das Pontes

Un total de 25 casos positivos de covid-19 foron detectados no cribado realizado polo Servizo Galego de Saúde nas Pontes (A Coruña) e ao que acudiron 1.603 persoas. Así o informaban fontes da área sanitaria de Ferrol, que explican que acudiron a realizar estas probas o 95,82 % dos veciños citados.
Deste xeito, no cribado desenvolto entre a tarde do pasado mércores 9 de decembro e este luns, día 14, detectáronse 25 casos, o que supón o 1,32 % das probas realizadas.
Probas en Santa Comba e Mazaricos
Por outra parte, a área sanitaria de Santiago informou de que o persoal de enfermería realiza esta tarde un cribado ao persoal de hostalaría de Santa Comba e Mazaricos nos respectivos centros de saúde destas localidades para a detección de posibles casos asintomáticos.
En total foron citadas unhas 200 persoas a través de SMS. A toma de mostras será nasofarínxea para realizar PCR, que será analizada pola técnica de pooling.