CRTVG

Buscar

Detectan 21 positivos no colexio Grande Obra de Atocha, na Coruña

Publicado o 12/12/2020 21:42

Os últimos datos que coñecemos sobre a incidencia da covid-19 nos centros educativos non apuntan grandes novidades. Chama a atención a evolución, en xeral, positiva na área coruñesa. A maior excepción atopámola no CPR Plurilingue da Grande Obra de Atocha. Neste centro da cidade herculina hai 21 positivos e dúas aulas pechadas. En canto ás escolas infantís, a municipal Agra do Orzán, as Escolas Populares Gratuítas e Fonte da Balsa teñen unha aula pechada ao haber un positivo en cada unha.

 

Noticias web

12/12/2020