CRTVG

Buscar

Detectados 30 positivos no cribado realizado a fin de semana en Boiro

Publicado o 08/12/2020 16:11
Detectados 30 positivos no cribado realizado a fin de semana en Boiro

Un total de 30 casos positivos foron detectados ata o momento nos cribados desenvolvidos esta fin de semana polo persoal de enfermaría da área sanitaria de Santiago e A Barbanza no municipio coruñés de Boiro. Segundo informou a xerencia, as probas contaron coa asistencia dun 80% dos citados mediante un SMS, no que se indica a hora e o lugar.

Ademais, tamén se lles envía un código QR para a identificación do persoal. A área sanitaria sinalou que, debido ao incremento de casos neste concello e co obxectivo de detectar persoas afectadas con covid aisintomáticas, este martes está a realizarse un novo cribado.