CRTVG

Buscar

Detectados doce positivos en traballadores da cociña do CHUS tras dous cribados

Publicado o 21/10/2020 16:36
Detectados doce positivos en traballadores da cociña do CHUS tras dous cribados

Doce casos positivos de covid−19 foron detectados en dous cribados que se realizaron aos 185 traballadores do servizo de cociña do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Así o informaron fontes sanitarias, que puntualizaron que, ademais dos 12 casos positivos, "14 persoas están en corentena".

As mesmas fontes destacaron que está programado "un terceiro cribado" na próxima semana para "facer un seguimento" desta situación tras ser detectado o primeiro caso o pasado venres 16 de outubro.

O servizo de cociña do CHUS "segue prestándose sen incidencias", subliñan as fontes, "e con total garantía", sentencian.