CRTVG

Buscar

Detectados 11 novos positivos en cribados en empresas da Pobra, Boiro e Ribeira

Publicado o 15/12/2020 21:59
Detectados 11 novos positivos en cribados en empresas da Pobra, Boiro e Ribeira

Un total de 11 novos casos positivos foron detectados ata o momento no cribado da covid-19 realizado a fin de semana en empresas da Pobra do Caramiñal, Boiro e Ribeira.

Diso informou a área sanitaria de Santiago de Compostela, que detalla que as probas foron realizadas ao longo da fin de semana no hospital da Barbanza para a detección de casos asintomáticos. En concreto, participaron un total de 4.568 persoas do total de 5.327 citadas, o que sitúa a porcentaxe de participación no 85,75 %.

 

Noticias web

15/12/2020