CRTVG

Buscar

Detectado un novo gromo nun centro de ensino do Saviñao

Publicado o 25/03/2021 14:16

Tres alumnos, dous profesores e os pais dunha cativa son a día de hoxe os casos confirmados polo gromo de coronavirus no colexio de Escairón, no Saviñao. Ademais, hai un veciño da localidade que tamén se contaxiou aínda que non ten relación co centro de ensino. Polo momento xa se fixo a PCR a toda a comunidade educativa.

O alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, apela á prevención: "Creo que máis vale previr que lamentar. Así que cumpriremos con todo o que indican as autoridades sanitarias para volver canto antes á normalidade".

Entre os hostaleiros cunde o desánimo porque este novo gromo obrígaos a traballar a un nivel moi baixo durante a semana santa.

Operarios municipais fixeron desinfección polas rúas da vila. Tamén entregaron follas informativas sobre as novas restricións e sobre as condicións dos cribados que se van realizar.

 

Noticias web

25/03/2021