CRTVG

Buscar

Detectado un novo gromo en Chantada con dez casos activos

Publicado o 28/06/2021 12:11
Detectado un novo gromo en Chantada con dez casos activos

O Sergas informou da detección dun novo gromo de covid-19 na zona Sur de Lugo, concretamente na localidade de Chantada, que suma nestes momentos dez casos activos.

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, precisou que, inicialmente, se rexistraron oito casos relacionados con este abrocho, orixinado nun xantar organizado por "un grupo de amigos" a pasada fin de semana.

Detectados os primeiros casos, puxéronse en marcha os correspondentes protocolos de intervención para rastrexar e peneirar os contactos das persoas infectadas. O cribado permitiu diagnosticar outros dous casos positivos, de xeito que, arestora, hai dez persoas infectadas.

Logo de dous días sen novos contaxios, Ramón Ares dá por "acoutado" o gromo. Porén, pide prudencia, especialmente á xente nova que aínda está sen vacinar. O xerente aconsella ter "moito coidado", porque a pandemia "aínda non rematou" e o virus "segue a circular".

Noticias web

28/06/2021