Detectado un gromo con 7 casos no parque de bombeiros da Coruña
Publicado o 25/03/2021 15:33
O corpo de bombeiros da Coruña rexistra un gromo de covid-19 que afecta un total de sete traballadores, segundo fontes municipais. Dous deles están hospitalizados.
Os contaxios detectáronse tras o cribado realizado este mércores polo Servizo Galego de Saúde entre os efectivos do parque.
Outros seis bombeiros, contactos estreitos dos compañeiros infectados, permanecen en corentena preventiva malia ter dado negativo, aseguran as mesmas fontes.