Detectada unha "nova variante" de coronavirus no Reino Unido
Publicado o 15/12/2020 08:10
O Goberno británico decretou este luns a máxima alerta en Londres debido á evolución da pandemia. Segundo o ministro de Sanidade, os científicos británicos detectaron nos últimos días unha "nova variante" do coronavirus que pode estar asociada á propagación máis rápida do virus no sur de Inglaterra e en Londres.