CRTVG

Buscar

O Goberno aclara hoxe como serán as condicións das saídas a partir deste sábado e estuda cambiar as dos nenos

Publicado o 30/04/2020 08:02

Aos poucos vanse coñecendo as condicións en que se poderá saír da casa os vindeiros días. O Goberno prepara varias ordes ministeriais a respecto diso. Hoxe coñeceranse as limitación que haberá para saír o sábado, o primeiro día que os adultos poderán pasear ou facer actividades deportivas no exterior dende o inicio do confinamento. Incluso, podería haber algúns cambios nas condicións das saídas dos nenos.

O ministro de Sanidade explicou que estudaron as propostas das comunidades autónomas. Arestora non se sabe moito máis. No aire está a regulación das saídas por franxas horarias para evitar aglomeracións e impedir que coincidan no exterior distintos grupos de idade: adultos, nenos e pobación maior de 65 anos e de risco. O uso das máscaras, polo de agora, non se considera obrigatorio en xeral, si en certas situacións.

O Ministro de Interior advertiu de que o control da moblidade será estricto no proceso de desescalada. Grande-Marlaska insisitiu en que non podemos permitirnos volver atrás.

Noticias web

30/04/2020