Detectan un gromo de covid−19 nunha granxa de visóns en Santiago
Publicado o 17/03/2021 20:08

A Xunta comunicou esta mesma tarde a existencia dun gromo de SARS-COV-2 nunha granxa de visóns americanos en Santiago. A Consellería de Medio Rural xa informou ao Ministerio de Agricultura e ao titular da explotación, cumprindo así os protocolos de prevención e vixilancia destas granxas animais.
Nesta en concreto, dúas mostras resultaron positivas e agora procederase a novas analíticas mentres a explotación permanece inmobilizada e sometida a estreita vixilancia polos servizos veterinarios da Consellería.